Tres xeracións, tres estilos e tres persoalidades moi definidas xúntanse para participar na xira "Uno de los nuestros".
Polo de agora só hai confirmadas as tres citas de xuño, en Madrid o día 6, Barcelona o día 8 e Málaga o día 28.
Os vallisoletanos realizarán unha xira por máis de 15 cidades españolas para presentar o seu novo álbum: The truth, the whole and nothing but the truth.
Son moitos os grupos que a este lado do Atlántico intentaron plasmar a música norteamericana blues ou country. Pouco o conseguiron facer e conectar tan ben co público como Arizona Baby, unha das alegrías que nos deu a música independente nestes últimos anos.
O grupo liderado por Javier Vielba debutou en 2005 con un álbum autoeditado chamado Songs to Sing Along. Grazas ao seu rock and roll de raíz acústica conseguiron triunfar e fichar pola independente Subterfuge (fogar de artistas como Anni B. Sweet ou The Bright e o antigo trampolín de outros como Dover). Xa con esta compañía publicaron Second to None , que conseguíu poñelos na primeira liña mediática.
Logo de levar a cabo interminables xiras (tanto ca bando como co proxecto Corizonas, que comparten cos membros de Los Coronas), o pasado 2012 lanzaron o disco The truth, the whole and nothing but the truth, o cal os levará nunha xira por máis de 15 cidades españolas.
A continuación as cidades por onde pasará esa xira e un vídeo da canción Rock N' Roll Messiah pertencente ao último disco:
2 de febrero en el Círculo del Arte (Toledo)
8 febrero en La Colmena Musical (Aranda de Duero, Burgos)
15 febrero en Sala Bikini (Barcelona). (También tocarán Stay).
16 febrero en la Sala Serjos (Monzón, Huesca).
22 febrero en la Sala Espaciu (Málaga).
23 febrero en la Sala Boogaclub (Granada).
1 marzo en la Sala Capitol (Santiago de Compostela).
2 marzo en Cangas (Pontevedra).
4 abril en el Gran Café (León).
5 abril en la Sala B (Salamanca).
6 abril en la Sala Berlín (Zamora).
20 abril en Helldorado (Vitoria).
10 de mayo en el Recinto de la Universidad (Palencia).