miércoles, 7 de noviembre de 2012

Green Day suspende a xira pola drogadición do seu cantante.

Green Day viuse obrigado a suspender o resto da xira por Estados Unidos debido á forte drogadición de Billie Joe Amstrong, o seu vocalista.
Billie disponse a ingresar nun centro de rahabilitación, sugún informaron os membros do grupo. A banda non comezará de novo a tocar polo menos ata finais de febreiro de 2013, porque como di Dirnt "ahora nuestro mayor interés es la salud de Billie Joe". 




GREEN DAY CABEZA DE CARTEL EN BBK LIVE 

Non todo é falar de cousas malas de Green Day, porque tamen estos días hai noticias boas sobre este grupo, como a súa participación no vindeiro festival de Bilbao.
O concerto que darán no BBK Live será o único que den en España en 2013. O festival organizado polo concello de Bilbao celebrarase entre o 11 e o 13 de xullo do ano que ven.
Xunto con Green Day sumanse ao festival importantes grupos como Two Door Cinema Club,  banda de estilo indie que participou na ceremonia inaugural dos xogos olímpicos de Londres. 










martes, 6 de noviembre de 2012

FIV 2013

Xa comezaron as primeiras confirmacións dos artistas que tocarán no FIV 2013 que se celebrará os días 22 e 23 de marzo dese mesmo ano. Unha das incorporacións que todos os asistentes aos anteriores festivais é Eme Dj que participou nas 2 últimas e fixo unhas actuacións épicas.
Este é avance do cartel:


A continuación información sobre cada grupo.

SUPERSUBMARINA: 

Banda formada en 2007 por José Chino (voz e guitarra), Juancha (batería), Pope (bajo), Jaime (guitarra y coros). Dende que publicaron os seus primeiros Eps Cientocero (2008) e Supersubmarina (2009) tanto a crítica como o público os recoñeceron como un gran grupo.
En febreiro de 2010 sacaron o seu primeiro largo chamado Electroviral. En maio de 2011 o grupo segue co seu forte ritmo de traballo e publica o seu terceiro Ep.
Durante 2008 compartiron escenario con grandes artistas como Pereza, Vetusta Morla, Lori Meyers, Russian Red... A maioría das actuacións tiveron lugar durante a Xira Universia.
En febreiro, a Academia das Artes e das Ciencias da Música decide nominar no apartado de autor revelación a Supersubmarina polo tema "XXI" nos preimios da música.


LA CASA AZUL:

Guille Milkyway, el nombre detrás de La Casa Azul, é sin duda o artista efervescente e conseguiu derribar as barreiras do comercialismo. 
La Casa Azul nace no imaxinario de Guille Milkyway mezclando a música dos 70, co europop dos 90, e abordando nas súas letras temas como o amor, a amizade, pero tamén a frutración e a tristeza. 
Os primeiros traballos do grupo foron en forma de maquetas que foron distribuídas por varios programas de radio. 
Guille Milkyway transgrediu fronteiras entre estilos (como por exemplo "Yo también", de acento rumbero que lle serviu para ganar o Goya á millor canción). La Casa Azul xa non está no circuíto independiente, si non que é cabeceira de grandes festivales e está en boca de todos os bos aficcionados á música. 
O seu último disco sacado a finais de 2011 chamado "La polinesia meridonial" tivo grandísimo éxito. Convertiuse no Nº 1 das listas de iTunes de España e chegou a ser trending topic mundial en Twitter.





IDEALIPSTICKS

Son de Guadalajara, pero xa fai tempo que caeron na ola do garage-rock anglosaxón, e con esa mezcla creceron ata mutar nun grupo como saído dunha calle londinense ou de New York. 
Idealipsticks son un dúo formado por Eva Ryjlen, e Jave Ryjlen. Son parella artísitica e parella real que non dubidan en mostrar o seu amor incondicional ao rock de alta voltaxe e viciosas guitarras.
En 2009 tiveron un gran debut con Radio Days. Foi votado como un dos mellores discos de 2009 por diversas publicacións, programas radiofónicos e ganar o Festival Rock Villa de Madrid. 
En 2010 sacan o seu segundo largo chamado Sins & Songs (astromúsica), cunha posterior xira en 2011.





VARRY BRAVA

Banda formada en Murcia a mediados do 2009. Cunha descarada posta en escena e o seu sonido inconfundible conseguiron facerse un oco no panorama musical. O seu estilo vai dende o pop dos 80s ata a música disco, pero sin deixar de lado o indie. 
Unha cousa moi importante para os próximos asistentes ao FIV 2013 é o  divertido , enérxico e demoledor  directo que mostra Varry Brava. 
A finais de 2009 presentan a súa primeira maqueta, "Idolo", autoproducida integramente pola banda. Con esta demo ofreceron máis de 80 concertos en grandes salas e nos festivais máis importantes do país. Dende o seu inicio comensaron a recoller premios e recoñecementos, recibindo o respaldo de entes como Radio 3, Sol Música, Fnac, Myspace, Mondosonoro, CPS... 
O 12 de febreiro de 2012 saliu o seu primeiro traballo discográfico chamado Demasié, que foi producido por Raúl Lara (produtor habitual de Second).




CYAN

Grupo formado e residente en Barcelona. A principio de 2011 sacaron un novo disco Historias para no romperse e poucos meses despois o seu mini Ep Que viva ese ruído. 
Teñen pensado sacar un novo disco en xaneiro de 2013.



POSTERGEL

É o grupo que representa a Vilalba no seu propio festival. Formado no verán de 2003 o grupo de estilo pop/rock graba a súa primeira maqueta en febreiro de 2005. En xaneiro de 2009 sae á luz un disco de curta duración con 6 novas cancións. 
Os membros de postergel levan anos no mundo da música con outros grupos que xa desapareceron como Ed Geins Pills (que conseguiron que a súa maqueta fora seleccionada por Tipo), Carlito's way ( co que chegaron ás finais do certame Pop-Rock en Villa de San Adrián en Navarra), sendo teloneiros de grandes grupos como Los enemigos, Aerolíneas Federais, Los contentos, A Palo Seko ou o gran Rosendo !




DJ AMABLE:

Amable comeza a súa carreira profesional en Depósito Legal (L'Hospitalet del Ll.), en 1985 e despois de pinchar en salas e discotecas de Barcelona como Compliche, Bikini, Final... funda a sala A Saco en L`Hospitalet de Llobregat en 1991. En 3 anos translada o seu club á macrosala Zeleste de Barcelona. 
Editou as súas sesións en varios cd`s recopliatorios onde selecciona e mezcla moitos dos grandes temas da escena alternativa de cada ano. 
Tamén colaborou en remixes para Mendetz, Love of Lesvians, Catpeople, Sidonie (estos tres últimos casualmente participaron nas anteriores edicións do FIV de Vilalba.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Mago de Oz presenta o novo single

A formación acaba de presentar o novo sencillo chamado Xanandra, pertencente ao disco Hechizos, pócimas y brujería que está por saír.
Zeta toma o relevo de José Andrea como vocalista de Mago de Oz. O profesor de música ten un rexistro de voz moi similar ao de José.
"No pretendo sustituir en vuestros corazones a José Andrea, pues es uno de los mejores cantantes del mundo. Simplemente quiero, poco a poco, ganarme vuestro respeto y cariño" dicía Zeta nunha mensaxe trasladade dende Warner o pasado mes de agosto.




ESTE É O NOVO SENCILLO:


Haberá FIB 2013, malia os problemas económicos

O máximo promotor do FIB, Vince Power, insistiu en que a celebración do FIB 2013 está garantizada.
Segundo a BBC o promotor está encantado co acordo que chegou co Concello de Benicàssim, localidade onde ano tras anos se celebra o festival.
Os rumores da suspensión dos festivales máis importantes e veteranos da península débese aos problemas financieros de Music Festival PLC. , firma mariz do FIB. Pero a incertidumbre acabou cando Power desvinculou Music Festival PLC. de Maraworld, a empresa ca que traballa en España para organizar o festival castellonense.

Está previsto que a edición de 2013 se leve a cabo sobre os días 18 e 21 de xullo dese mesmo ano. Xa comezou a venta anticiapada de entradas. O precio do abono que che permite acceder a todos os concertos e a acampar durante 8 días no camping fiber, custa 125 euros. Aínda que as persoas que se encontren desempleadas no momento poderán acceder a un desconto polo que poden ter a entrada por 99 euros.