Ás sete da tarde (unha hora antes de abrir as portas) xa estaban os arredores do Coliseum ateigados de xente que en grupos de amigos, ou xa coñecendo xente, repasaban a capela os grandes éxitos da mítica banda. Ás oito abríronse as portas e unha marea de xente comezou a entrar para coller os mellores sitios para disfrutar do que iba ser un dos millores días das súas vidas. Unha seguridade estricta non permitía pasar a xente que tivera entrada de grada para a pista, aínda que ao final ocorreu o que eu entendo que foi un erro de cálculo no aforo xa que estando a pista tan chea que non podía baixar máis xente, moitas persoas con entrada de pista tiveron que salta hacia a grada para poder escapar do mogollón.
Imaxe do público durante o primeiro descanso |
Extremoduro tivo o detalle de esperar uns minutos para que a xente puidera acabar de ver ou escoitar o derbi galego que acabou en empate. Unha vez acabado comenzou o concerto.
Empezou a soar Pájaro Azul, e escoitábase a inconfundible voz de Robe Iniesta cantando, pero ninguén aparecía no escenario. Non foi ata ben entrada a canción cando apareceron Iñaki e Robe e o público estalou en alegría. A continuación de Pajaro Azul chegou Ama, ama, ama y ensancha el alma.
Pouco despois chegou un dos momentos da noite cando Robe berrou NUNCA MÁIS e cantou No me calientes que me hundo, canción na que fala do afundimento dun petroleiro. Seguiron cancións de Material Defectuoso mezclando con outros míticos temas como La verede de la puerta de atrás. Chegamos así ata o primeiro descanso no que moita xente aproveita para ir ao baño ou repoññer forzas.