Diferentes plataformas da Comunidade de Madrid organizan este sábado 27 de outubro un xigantesco concerto totalmente gratuito en Rivas Vaciamadrid no que actuarán grupos tan importantes como Def Con Dos, Rubén Pozo La Excepción, Sober, Salida Nula, San blass Posse, etc.
Artistas unidos pola defensa do público. Superskunk e The Sweet Vandals son as dúas últimas incorporacións ao xa nutrido cartel no que destaca, ademais das bandas anteriores, o histórico punkarra Manolo Uvi, Che Sudaka, El hombre linterna ou Garaje Jack. Casi unha vintena de grupos que subirán ao escenario de Espacio-R presentados por Manolo Calderón e acompañados entre outros por Leo Bassi.
Os menores poderán asistir pero acompañados por un maior de idade.
"Creemos que puede ser una oportunidad para demostrar el gran descontento social de la sociedad madrileña y un importante altavoz en defensa de los servicios públicos que nos están arrebatando", explica un dos organizadores do evento que di que están desvinculados calquera partido político ou sindicato. O concerto, gratuito, será emitido por livestream.
No hay comentarios:
Publicar un comentario