martes, 18 de diciembre de 2012

Impresionante concerto, desgraciada causa

Os Rolling, Springsteen e unha gran cantidade de estrelas da música uníronse a noite do mércores no Madison Square Garden co motivo de recaudar diñero para axudar ás víctimas do furacán "Sandy". Este foi un concerto histórico, entre outras cousas porque foi a primeira vez que Nirvana se volveu a xuntar dende a súa disolución, con Paul McCartney como cantante.
Foi un concerto de casi seis horas onde grandes cantantes e músicos como Bon Jovi adicaron tamén unhas palabras para os falecidos intentaron animar a que os presentes axudaran tamén económicamente para reconstruír todo o que Sandy destruira.
A discográfica Columbia lanzará un álbum con 24 cancións que soaron durante o concerto, no que se puido escoitar a cara máis "blues" de Eric Clapton e o sorprendente dueto cantante de Pearl Jeam, Eddie Vedder, e o exlíder de Pink Floyd, Roger Waters. 
Estiveron presentes ademais The Who,  Billy Joel, o cantante de Coldplay (que cantou Losing My Religion co líder de R.E.M.).
Impresionante foi a inesperada participación de Paul McCartney como cantante de Nirvana, formada por Dave Grohl e Krist Novoselic. Nirvana non se reunía dende fai case vinte anos.


Aqui vos deixo o video de Paul McCartney con Nirvana.


viernes, 14 de diciembre de 2012

Novo disco de Def con Dos

Def con Dos segue co obxectivo de non deixar indiferente a ninguén, e pon como título di novo álbum: España es idiota. Esa é ademais tamén é o single do disco que terá en total 12 temas que se poñerá á venta o 5 de Febreiro vía Warner Music.
Con títulos de temas como "Pégamelo a mí" ou "Desahucio mental", os que o escoitaron destacan "a súa brutalidade de riffs (Metal & Hardcore) que tiene el disco, a ironía afilada das letras (marca DEF) e sobre todo as mezclas de estos factores xunto con unhas contundentes bases e ritmos".
Tamén realizarán unha xira por España en primavera de 2013.

Metallica modernízase

Metallica por fin en Spotify.

A música está cabiando, e os que acaban de subirse ao carro da modernidade, acaban aceptando as reglas das plataformas dixitais; así como uns beneficios moi alonxados dos bos tempos da industria discográfica.
Metallica, unha das bandas máis importantes do rock e impulsora do trash metal, xa colgou a súa música en Spotify, a plataforma de música en streaming por excelencia. Este caso é moi singular, pois esta banda levou a cabo hai uns anos unha loita xudicial contra o programa Napster (utilizado para compartir música libremente).
Ademais o grupo abandonou a súa discográfica de sempre para crear a súa propia chamada Blackened Recordings.


Ahora un tema de Metallica para qie aqueles que non o escoitan habitualmente, se den conta do que se perden.

lunes, 3 de diciembre de 2012

O DISCO PERDIDO DE JIMI HENDRIX

Aínda que pareza mentira, despois de todos estos anos nos que consideramos a Hendrix como o millor guitarrista do mundo, segue a aparecer material inédito deste. Polo menos eso é o que nos queren facer crer. Para o 5 de marzo está programado o lanzamento de People, Hell & Angels, anunciado como o disco perdido de Hendrix. As cancións foron grabadas entre 1968 e 1969, nas que o artista experimentou novas texturas e instrumentos musicais: metales, teclados e percusións.

Unha colección con 12 cortes. Na maioría destas Billy Cox toca o baixo e Buddy Miles á batería. Tamén están Larry Lee como segundo guitarrista en dúas cancións ( Izabella, Easy Blues). Mitch Mitchell, batería de Jimi Hendrix, participa en dous temas. Stephen Stills toca o baixo en "Somewhere".

Lista de temas:
Earth Blues
Somewhere
Hear My Train A Comin'
Bleeding Heart
Let Me Move You
Izabella
Easy Blues
Crash Landing
Inside Out
Hey Gypsy Boy
Mojo Man
Villanova Junction Blues



"Estamos encantados de poder editar ‘People, Hell & Angels’ durante la celebración del 70 aniversario del nacimiento de mi hermano. La brillantez del álbum sirve para subrayar lo que hemos sabido desde siempre: que nunca ha habido y nunca habrá una fuerza musical igual a la suya y que debemos cuidar e inspirarnos en lo que él nos dejó, ahora y por las próximas generaciones… simplemente eternidad", explica Janie Hendrix, presidenta de Experience Hendrix, L.L.C.