lunes, 3 de diciembre de 2012

O DISCO PERDIDO DE JIMI HENDRIX

Aínda que pareza mentira, despois de todos estos anos nos que consideramos a Hendrix como o millor guitarrista do mundo, segue a aparecer material inédito deste. Polo menos eso é o que nos queren facer crer. Para o 5 de marzo está programado o lanzamento de People, Hell & Angels, anunciado como o disco perdido de Hendrix. As cancións foron grabadas entre 1968 e 1969, nas que o artista experimentou novas texturas e instrumentos musicais: metales, teclados e percusións.

Unha colección con 12 cortes. Na maioría destas Billy Cox toca o baixo e Buddy Miles á batería. Tamén están Larry Lee como segundo guitarrista en dúas cancións ( Izabella, Easy Blues). Mitch Mitchell, batería de Jimi Hendrix, participa en dous temas. Stephen Stills toca o baixo en "Somewhere".

Lista de temas:
Earth Blues
Somewhere
Hear My Train A Comin'
Bleeding Heart
Let Me Move You
Izabella
Easy Blues
Crash Landing
Inside Out
Hey Gypsy Boy
Mojo Man
Villanova Junction Blues



"Estamos encantados de poder editar ‘People, Hell & Angels’ durante la celebración del 70 aniversario del nacimiento de mi hermano. La brillantez del álbum sirve para subrayar lo que hemos sabido desde siempre: que nunca ha habido y nunca habrá una fuerza musical igual a la suya y que debemos cuidar e inspirarnos en lo que él nos dejó, ahora y por las próximas generaciones… simplemente eternidad", explica Janie Hendrix, presidenta de Experience Hendrix, L.L.C.

No hay comentarios:

Publicar un comentario