jueves, 10 de enero de 2013

Máis confirmacións para o FIV de Vilalba.

THE WHIP

The Whip é un grupo procedente de Manchester. Este grupo alcanzou a fama cando en 2007 sacaron unha pista de baile inspirada nos clubs de Manchester. Todos tiveran certo éxito con outros grupos, pero este foi o seu "zenit". Montaron festa e deron cañar meténdose ao público no peto con temas como "Trash".
Un calendario de xira cada vez máis implacable fixo que o grupo actuara numerosas veces por Europa, tres en Xapón e Australia. Tamén xiraron por EE.UU.


_________________________________________________________________________________

POSTERGEL

Esta é unha banda de Vilalba, e si señores e señoras, vai tocar por fin no FIV. Que se engadira un grupo vilalbés ao cartel do festival é unha cousa que se leva pedindo tempo e por fin se logrou.

Esta banda fórmase, como ben dixen, en Vilalba; no verán do 2003. Os seus compoñentes proceden de outras formacións conseguindo ser teloneiros de grupos como Los Enemigos, Federales, Los Contentos, Celtas Cortos e incluso Rosendo.
Os seus concertos ao largo e ancho de Galiza son impecables, propiciando esto no seu día á creación do seu último disco. O álbum titulado "Curvatura espaciotiempo" foi gravado no seu propio estudio e producido por eles mesmos. 


_________________________________________________________________________________

ELYELLA DJS

Este dúo presentouse como MEDM en marzo de 2009, e non foi ata outubro de 2010 cando nace Elyella Djs. 
Transgresores e inconformistas definense a si mesmos como amantes do indie e da eléctronica e aínda ando dándolle voltas a como identifican a súa amalgama entre pop e indietrónica, entre guitarras e ritmos sintéticos. Melodías emotivas a través de vinilos computerizados que definen á perfección esta dualidade de persoas e persoaxes. 
A pesar da súa corta traxectoria, xa actuaron en festivais como FIB, ARENAL SOUND e FILMFREAKFESTIVAL. 
Ademais o ano pasado estreáronse como colaboradores de programa de radio AGRADABLE LOCURA TEMPORAL, apadriñando a nova sección Altminimix onde djs e/ou selectores sonoros nacionais e internacionais ofrecen dunha maneira moito máis persoal e creativa minisesións exclusivas.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario