jueves, 29 de noviembre de 2012

Fito y Fitipaldis cancelan os concertos de Madrid

Finalmente, Fito y Fitipaldis non poderán celebrar os cinco concertos que tiñan previstos para os vindeiros días en Madrid. As datas eran : 11, 12, 14, 15 e 17 de decembro.
Esta cancelación débese a que, o lugar onde se ían celebrar os concertos era o Palacio Municipal de Congresos, que como sabemos, foi pechado ata novo aviso a raíz dos incidentes nos que morreron cinco rapazas debido aos errores e incompetencias tanto da empresa organizadora como do goberno  de Madrid.
Despois de estudar as diferentes alternativas que se lles ofrecía, non atoparon un lugar que reunira as condicións necesarias para levar a cabo o concerto.
Mais non todo son malas noticias para os fans de Fito, pois terán oportunidade de velo nos concertos que dará na capital española. Ademais a xente que teña a entrada para as citas canceladas terá a opción preferente para adquirir as de abril. Así como os que desexen a devolución tamén o poderan facer.

Os fans de Fito y Fitipaldis deberán esperar para ver escenas como estas:
http://www.youtube.com/watch?v=rCkmJbqzWfs

No hay comentarios:

Publicar un comentario