Durante un tempo fun un comprador fiel da revista de música Rolling Stone, xa que trataban estilos de música e de forma internacional que era moi dificil de atopar. Pero de hai un tempo para aquí a revista foi perdendo todo interés pola música rock (que era un dos principales temas) dando paso a todo tipo de música comercial, incluso a artigos relcionados ca moda.
A última gran idea dos redactores da revista foi facer unha lista-clasificación sobre os 50 mellores grupos do rock español, o cal en principio pode parecer atractivo, pero tivo resultados para min fatais.
A lista é a seguinte :
1. El Último de la Fila
2. Héroes del Silencio
3. Radio Futura
4. Mecano
5. Los Brincos
6. Extremoduro
7. Los Rodriguez
8. Los Planetas
9. Nacha Pop
10. Loquillo y los Trogloditas
11. Amaral
12. Alaska y Dinarama
13. Leño
14. Gabinete Galigari
15. Burning
16. Pereza
17. Veneno
18. Barón Rojo
19. Los Bravos
20. Dúo dinámico
21. Triana
22. Vetusta Morla
23. Tequila
24. Ducan Dhu
25. M Clan
26. Los Enemigos
27. Los Secretos
28. Obús
29. Piratas
30. Golpes Bajos
31. Love of Lesbian
32. Siniestro Total
33. Aviador Dro
34. Los Salvajes
35. Derribos Arias
36. Kortatu
37. La Mode
38. Pata Negra
39. Ilegales
40. Lagartija Nick
41. Kaka Deluxe
42. Lone Star
43. Dover
44. Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán
45. Surfin’ Bichos
46. La Buena Vida
47. Estopa
48. Pekenikes
49. Los Ronaldos
50. Smash
Podo aceptar que empecen con El último de la fila aínda que non o comparta, pero o que creo que non se pode aceptar é meter a Mecano no número 4 da lista. Un grupo que na miña humilde opinión non ten nada de rock, e aínda que o tivera, non aportou nin a metade do que aportaron grupos como Leño, Extremoduro (que van detrás del na lista). Seguimos avanzando e atopamos con outras dúas barbaridades xuntas: Amaral e Alaska tamén aparece nunha lista rock !! e ademais nos postos 11 e 12, sendo o 13 Leño, que como mínimo tería que estar entre os 5 primeiros.
Outra das moitas dudosas inclusións nesta lista, que hai que recordar que aínda que non o pareza é unha lista rock, é a de Estopa, que tampouco se pode tomar moito como grupo rock.
En definitiva, esta é unha lista que moi dudosamente se lle pode chamar rock. Creo que no mundo da música ultimamente estase a utilizar moi á lixeira a palabra rock para definir a grupos. Non podemos confundir cousas tan esenciais, porque acabaremos así co rock puro, e acabaríamos dicindo que todos os grupos algo cañeros son de heavy metal.
POR UN ROCK PURO SIN COMERCIALISMO
No hay comentarios:
Publicar un comentario