Este é avance do cartel:
A continuación información sobre cada grupo.
SUPERSUBMARINA:
Banda formada en 2007 por José Chino (voz e guitarra), Juancha (batería), Pope (bajo), Jaime (guitarra y coros). Dende que publicaron os seus primeiros Eps Cientocero (2008) e Supersubmarina (2009) tanto a crítica como o público os recoñeceron como un gran grupo.
En febreiro de 2010 sacaron o seu primeiro largo chamado Electroviral. En maio de 2011 o grupo segue co seu forte ritmo de traballo e publica o seu terceiro Ep.
Durante 2008 compartiron escenario con grandes artistas como Pereza, Vetusta Morla, Lori Meyers, Russian Red... A maioría das actuacións tiveron lugar durante a Xira Universia.
En febreiro, a Academia das Artes e das Ciencias da Música decide nominar no apartado de autor revelación a Supersubmarina polo tema "XXI" nos preimios da música.
LA CASA AZUL:
Guille Milkyway, el nombre detrás de La Casa Azul, é sin duda o artista efervescente e conseguiu derribar as barreiras do comercialismo.
La Casa Azul nace no imaxinario de Guille Milkyway mezclando a música dos 70, co europop dos 90, e abordando nas súas letras temas como o amor, a amizade, pero tamén a frutración e a tristeza.
Os primeiros traballos do grupo foron en forma de maquetas que foron distribuídas por varios programas de radio.
Guille Milkyway transgrediu fronteiras entre estilos (como por exemplo "Yo también", de acento rumbero que lle serviu para ganar o Goya á millor canción). La Casa Azul xa non está no circuíto independiente, si non que é cabeceira de grandes festivales e está en boca de todos os bos aficcionados á música.
O seu último disco sacado a finais de 2011 chamado "La polinesia meridonial" tivo grandísimo éxito. Convertiuse no Nº 1 das listas de iTunes de España e chegou a ser trending topic mundial en Twitter.
IDEALIPSTICKS
Son de Guadalajara, pero xa fai tempo que caeron na ola do garage-rock anglosaxón, e con esa mezcla creceron ata mutar nun grupo como saído dunha calle londinense ou de New York.
Idealipsticks son un dúo formado por Eva Ryjlen, e Jave Ryjlen. Son parella artísitica e parella real que non dubidan en mostrar o seu amor incondicional ao rock de alta voltaxe e viciosas guitarras.
En 2009 tiveron un gran debut con Radio Days. Foi votado como un dos mellores discos de 2009 por diversas publicacións, programas radiofónicos e ganar o Festival Rock Villa de Madrid.
En 2010 sacan o seu segundo largo chamado Sins & Songs (astromúsica), cunha posterior xira en 2011.
VARRY BRAVA
Banda formada en Murcia a mediados do 2009. Cunha descarada posta en escena e o seu sonido inconfundible conseguiron facerse un oco no panorama musical. O seu estilo vai dende o pop dos 80s ata a música disco, pero sin deixar de lado o indie.
Unha cousa moi importante para os próximos asistentes ao FIV 2013 é o divertido , enérxico e demoledor directo que mostra Varry Brava.
A finais de 2009 presentan a súa primeira maqueta, "Idolo", autoproducida integramente pola banda. Con esta demo ofreceron máis de 80 concertos en grandes salas e nos festivais máis importantes do país. Dende o seu inicio comensaron a recoller premios e recoñecementos, recibindo o respaldo de entes como Radio 3, Sol Música, Fnac, Myspace, Mondosonoro, CPS...
O 12 de febreiro de 2012 saliu o seu primeiro traballo discográfico chamado Demasié, que foi producido por Raúl Lara (produtor habitual de Second).
CYAN
Grupo formado e residente en Barcelona. A principio de 2011 sacaron un novo disco Historias para no romperse e poucos meses despois o seu mini Ep Que viva ese ruído.
Teñen pensado sacar un novo disco en xaneiro de 2013.
POSTERGEL
É o grupo que representa a Vilalba no seu propio festival. Formado no verán de 2003 o grupo de estilo pop/rock graba a súa primeira maqueta en febreiro de 2005. En xaneiro de 2009 sae á luz un disco de curta duración con 6 novas cancións.
Os membros de postergel levan anos no mundo da música con outros grupos que xa desapareceron como Ed Geins Pills (que conseguiron que a súa maqueta fora seleccionada por Tipo), Carlito's way ( co que chegaron ás finais do certame Pop-Rock en Villa de San Adrián en Navarra), sendo teloneiros de grandes grupos como Los enemigos, Aerolíneas Federais, Los contentos, A Palo Seko ou o gran Rosendo !
DJ AMABLE:
Amable comeza a súa carreira profesional en Depósito Legal (L'Hospitalet del Ll.), en 1985 e despois de pinchar en salas e discotecas de Barcelona como Compliche, Bikini, Final... funda a sala A Saco en L`Hospitalet de Llobregat en 1991. En 3 anos translada o seu club á macrosala Zeleste de Barcelona.
Editou as súas sesións en varios cd`s recopliatorios onde selecciona e mezcla moitos dos grandes temas da escena alternativa de cada ano.
Tamén colaborou en remixes para Mendetz, Love of Lesvians, Catpeople, Sidonie (estos tres últimos casualmente participaron nas anteriores edicións do FIV de Vilalba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario