martes, 18 de diciembre de 2012

Impresionante concerto, desgraciada causa

Os Rolling, Springsteen e unha gran cantidade de estrelas da música uníronse a noite do mércores no Madison Square Garden co motivo de recaudar diñero para axudar ás víctimas do furacán "Sandy". Este foi un concerto histórico, entre outras cousas porque foi a primeira vez que Nirvana se volveu a xuntar dende a súa disolución, con Paul McCartney como cantante.
Foi un concerto de casi seis horas onde grandes cantantes e músicos como Bon Jovi adicaron tamén unhas palabras para os falecidos intentaron animar a que os presentes axudaran tamén económicamente para reconstruír todo o que Sandy destruira.
A discográfica Columbia lanzará un álbum con 24 cancións que soaron durante o concerto, no que se puido escoitar a cara máis "blues" de Eric Clapton e o sorprendente dueto cantante de Pearl Jeam, Eddie Vedder, e o exlíder de Pink Floyd, Roger Waters. 
Estiveron presentes ademais The Who,  Billy Joel, o cantante de Coldplay (que cantou Losing My Religion co líder de R.E.M.).
Impresionante foi a inesperada participación de Paul McCartney como cantante de Nirvana, formada por Dave Grohl e Krist Novoselic. Nirvana non se reunía dende fai case vinte anos.


Aqui vos deixo o video de Paul McCartney con Nirvana.


viernes, 14 de diciembre de 2012

Novo disco de Def con Dos

Def con Dos segue co obxectivo de non deixar indiferente a ninguén, e pon como título di novo álbum: España es idiota. Esa é ademais tamén é o single do disco que terá en total 12 temas que se poñerá á venta o 5 de Febreiro vía Warner Music.
Con títulos de temas como "Pégamelo a mí" ou "Desahucio mental", os que o escoitaron destacan "a súa brutalidade de riffs (Metal & Hardcore) que tiene el disco, a ironía afilada das letras (marca DEF) e sobre todo as mezclas de estos factores xunto con unhas contundentes bases e ritmos".
Tamén realizarán unha xira por España en primavera de 2013.

Metallica modernízase

Metallica por fin en Spotify.

A música está cabiando, e os que acaban de subirse ao carro da modernidade, acaban aceptando as reglas das plataformas dixitais; así como uns beneficios moi alonxados dos bos tempos da industria discográfica.
Metallica, unha das bandas máis importantes do rock e impulsora do trash metal, xa colgou a súa música en Spotify, a plataforma de música en streaming por excelencia. Este caso é moi singular, pois esta banda levou a cabo hai uns anos unha loita xudicial contra o programa Napster (utilizado para compartir música libremente).
Ademais o grupo abandonou a súa discográfica de sempre para crear a súa propia chamada Blackened Recordings.


Ahora un tema de Metallica para qie aqueles que non o escoitan habitualmente, se den conta do que se perden.

lunes, 3 de diciembre de 2012

O DISCO PERDIDO DE JIMI HENDRIX

Aínda que pareza mentira, despois de todos estos anos nos que consideramos a Hendrix como o millor guitarrista do mundo, segue a aparecer material inédito deste. Polo menos eso é o que nos queren facer crer. Para o 5 de marzo está programado o lanzamento de People, Hell & Angels, anunciado como o disco perdido de Hendrix. As cancións foron grabadas entre 1968 e 1969, nas que o artista experimentou novas texturas e instrumentos musicais: metales, teclados e percusións.

Unha colección con 12 cortes. Na maioría destas Billy Cox toca o baixo e Buddy Miles á batería. Tamén están Larry Lee como segundo guitarrista en dúas cancións ( Izabella, Easy Blues). Mitch Mitchell, batería de Jimi Hendrix, participa en dous temas. Stephen Stills toca o baixo en "Somewhere".

Lista de temas:
Earth Blues
Somewhere
Hear My Train A Comin'
Bleeding Heart
Let Me Move You
Izabella
Easy Blues
Crash Landing
Inside Out
Hey Gypsy Boy
Mojo Man
Villanova Junction Blues



"Estamos encantados de poder editar ‘People, Hell & Angels’ durante la celebración del 70 aniversario del nacimiento de mi hermano. La brillantez del álbum sirve para subrayar lo que hemos sabido desde siempre: que nunca ha habido y nunca habrá una fuerza musical igual a la suya y que debemos cuidar e inspirarnos en lo que él nos dejó, ahora y por las próximas generaciones… simplemente eternidad", explica Janie Hendrix, presidenta de Experience Hendrix, L.L.C.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Fito y Fitipaldis cancelan os concertos de Madrid

Finalmente, Fito y Fitipaldis non poderán celebrar os cinco concertos que tiñan previstos para os vindeiros días en Madrid. As datas eran : 11, 12, 14, 15 e 17 de decembro.
Esta cancelación débese a que, o lugar onde se ían celebrar os concertos era o Palacio Municipal de Congresos, que como sabemos, foi pechado ata novo aviso a raíz dos incidentes nos que morreron cinco rapazas debido aos errores e incompetencias tanto da empresa organizadora como do goberno  de Madrid.
Despois de estudar as diferentes alternativas que se lles ofrecía, non atoparon un lugar que reunira as condicións necesarias para levar a cabo o concerto.
Mais non todo son malas noticias para os fans de Fito, pois terán oportunidade de velo nos concertos que dará na capital española. Ademais a xente que teña a entrada para as citas canceladas terá a opción preferente para adquirir as de abril. Así como os que desexen a devolución tamén o poderan facer.

Os fans de Fito y Fitipaldis deberán esperar para ver escenas como estas:
http://www.youtube.com/watch?v=rCkmJbqzWfs

domingo, 25 de noviembre de 2012

Aerosmith - Music From Another Dimension

Con algo de retraso, pero aquí está a noticia sobre o novo de Aerosmith.
O novo álbum titúlase "Music From Another Dimension". Antes de saír e algúns días despois, dicíase que o disco era moi malo, que non valía para ser de Aerosmith, pero creo que estaban equivocados. Non é dos millores discos de esta banda, pero segue unha liña en ascenso, despois de 8 anos sen sacar nada novo.
Despois de resusxir xa fai tantos anos, en 1987, con aquel glorioso Permanent Vocation, volveran a caer nas drogas, para despois facer unha serie de recopilatorios e un floxo discos blues ( Honkin' On Bobo ). 
Todos os vellos amantes de Aerosmith esperan que volvan ao seu verdadeiro rock n' roll, sen eses comercialismos que tiveran nunha época.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Txarrena

Como todos sabemos "El drogas", alma de Barricada, deixou temporalmente o grupo para volver con Txarrena, o grupo que el creara a finais da década de 1980. Unha das causas foi o cansacio que acumulaba despois dun traballo tan duro no disco "La tierra está sorda", referente á guerra civil española.
Volve entonces con Txarrena 19 anos despois e sacan o disco Azulejo Frío do que vou deixar aqui unha mostra. Os amantes do rock debemos moito a Enrique Villareal.

lunes, 12 de noviembre de 2012

CRÍTICA AO ÚLTIMO Nº DA REVISTA ROLLING STONE

Antes de empezar quero avisar que esto é un artigo sobre todo de opinión, aínda que creo que non son o único que pensa desta maneira.
Durante un tempo fun un comprador fiel da revista de música Rolling Stone, xa que trataban estilos de música e de forma internacional que era moi dificil de atopar. Pero de hai un tempo para aquí a revista foi perdendo todo interés pola música rock (que era un dos principales temas) dando paso a todo tipo de música comercial, incluso a artigos relcionados ca moda.
A última gran idea dos redactores da revista foi facer unha lista-clasificación  sobre os 50 mellores grupos do rock español, o cal en principio pode parecer atractivo, pero tivo resultados para min fatais.
A lista é a seguinte :
1. El Último de la Fila
2. Héroes del Silencio
3. Radio Futura
4. Mecano
5. Los Brincos
6. Extremoduro
7. Los Rodriguez
8. Los Planetas
9. Nacha Pop
10. Loquillo y los Trogloditas
11. Amaral
12. Alaska y Dinarama
13. Leño
14. Gabinete Galigari
15. Burning 
16. Pereza
17. Veneno
18. Barón Rojo
19. Los Bravos
20. Dúo dinámico 
21. Triana
22. Vetusta Morla
23. Tequila
24. Ducan Dhu
25. M Clan
26. Los Enemigos
27. Los Secretos
28. Obús 
29. Piratas
30. Golpes Bajos
31. Love of Lesbian
32. Siniestro Total
33. Aviador Dro
34. Los Salvajes
35. Derribos Arias
36. Kortatu
37. La Mode
38. Pata Negra
39. Ilegales
40. Lagartija Nick
41. Kaka Deluxe
42. Lone Star
43. Dover
44. Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán
45. Surfin’ Bichos
46. La Buena Vida
47. Estopa
48. Pekenikes
49. Los Ronaldos
50. Smash

Podo aceptar que empecen con El último de la fila aínda que non o comparta, pero o que creo que non se pode aceptar é meter a Mecano no número 4 da lista. Un grupo que na miña humilde opinión non ten nada de rock, e aínda que o tivera, non aportou nin a metade do que aportaron grupos como Leño, Extremoduro (que van detrás del na lista).  Seguimos avanzando e atopamos con outras dúas barbaridades xuntas: Amaral e Alaska tamén aparece nunha lista rock !! e ademais nos postos 11 e 12, sendo o 13 Leño, que como mínimo tería que estar entre os 5 primeiros. 
Outra das moitas dudosas inclusións nesta lista, que hai que recordar que aínda que non o pareza é unha lista rock, é a de Estopa, que tampouco se pode tomar moito como grupo rock.

En definitiva, esta é unha lista que moi dudosamente se lle pode chamar rock. Creo que no mundo da música ultimamente estase a utilizar moi á lixeira a palabra rock para definir a grupos.  Non podemos confundir cousas tan esenciais, porque acabaremos así co rock puro, e acabaríamos dicindo que todos os grupos algo cañeros son de heavy metal. 

POR UN ROCK PURO SIN COMERCIALISMO

jueves, 8 de noviembre de 2012

LOU REED CANCELA O CONCERTO DE MADRID

O gran Lou Reed veuse obrigado  a cancelar o concerto que tiña previsto para o 19 de novembro en Madrid por razóns técnicas debidas ao furacán Sandy, según din os organizadores do concerto.
Tratávase dun concerto no que tocaría xunto coa súa muller Laurie Anderson. Según precisa o comunicado oficial do teatro, si se manteñen as celebracións das actividades paralelas que iba a celbrarse entorno a este mítico roquero estadounidentes; ao igual que se espera a súa participación no recital de poesía no que recitará as letras das súas cancións.

Esta noticia é unha excusa perfecta para volver a escoitar unha desas míticas cancións duns dos grandes do rock, así como algunha das cancións que ten desa magnífica colaboración con Metallica.


Posiblemente a súa mellor canción:







PERFECT DAY


                      



             

          Gran canción con Metallica

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Green Day suspende a xira pola drogadición do seu cantante.

Green Day viuse obrigado a suspender o resto da xira por Estados Unidos debido á forte drogadición de Billie Joe Amstrong, o seu vocalista.
Billie disponse a ingresar nun centro de rahabilitación, sugún informaron os membros do grupo. A banda non comezará de novo a tocar polo menos ata finais de febreiro de 2013, porque como di Dirnt "ahora nuestro mayor interés es la salud de Billie Joe". 




GREEN DAY CABEZA DE CARTEL EN BBK LIVE 

Non todo é falar de cousas malas de Green Day, porque tamen estos días hai noticias boas sobre este grupo, como a súa participación no vindeiro festival de Bilbao.
O concerto que darán no BBK Live será o único que den en España en 2013. O festival organizado polo concello de Bilbao celebrarase entre o 11 e o 13 de xullo do ano que ven.
Xunto con Green Day sumanse ao festival importantes grupos como Two Door Cinema Club,  banda de estilo indie que participou na ceremonia inaugural dos xogos olímpicos de Londres. 










martes, 6 de noviembre de 2012

FIV 2013

Xa comezaron as primeiras confirmacións dos artistas que tocarán no FIV 2013 que se celebrará os días 22 e 23 de marzo dese mesmo ano. Unha das incorporacións que todos os asistentes aos anteriores festivais é Eme Dj que participou nas 2 últimas e fixo unhas actuacións épicas.
Este é avance do cartel:


A continuación información sobre cada grupo.

SUPERSUBMARINA: 

Banda formada en 2007 por José Chino (voz e guitarra), Juancha (batería), Pope (bajo), Jaime (guitarra y coros). Dende que publicaron os seus primeiros Eps Cientocero (2008) e Supersubmarina (2009) tanto a crítica como o público os recoñeceron como un gran grupo.
En febreiro de 2010 sacaron o seu primeiro largo chamado Electroviral. En maio de 2011 o grupo segue co seu forte ritmo de traballo e publica o seu terceiro Ep.
Durante 2008 compartiron escenario con grandes artistas como Pereza, Vetusta Morla, Lori Meyers, Russian Red... A maioría das actuacións tiveron lugar durante a Xira Universia.
En febreiro, a Academia das Artes e das Ciencias da Música decide nominar no apartado de autor revelación a Supersubmarina polo tema "XXI" nos preimios da música.


LA CASA AZUL:

Guille Milkyway, el nombre detrás de La Casa Azul, é sin duda o artista efervescente e conseguiu derribar as barreiras do comercialismo. 
La Casa Azul nace no imaxinario de Guille Milkyway mezclando a música dos 70, co europop dos 90, e abordando nas súas letras temas como o amor, a amizade, pero tamén a frutración e a tristeza. 
Os primeiros traballos do grupo foron en forma de maquetas que foron distribuídas por varios programas de radio. 
Guille Milkyway transgrediu fronteiras entre estilos (como por exemplo "Yo también", de acento rumbero que lle serviu para ganar o Goya á millor canción). La Casa Azul xa non está no circuíto independiente, si non que é cabeceira de grandes festivales e está en boca de todos os bos aficcionados á música. 
O seu último disco sacado a finais de 2011 chamado "La polinesia meridonial" tivo grandísimo éxito. Convertiuse no Nº 1 das listas de iTunes de España e chegou a ser trending topic mundial en Twitter.





IDEALIPSTICKS

Son de Guadalajara, pero xa fai tempo que caeron na ola do garage-rock anglosaxón, e con esa mezcla creceron ata mutar nun grupo como saído dunha calle londinense ou de New York. 
Idealipsticks son un dúo formado por Eva Ryjlen, e Jave Ryjlen. Son parella artísitica e parella real que non dubidan en mostrar o seu amor incondicional ao rock de alta voltaxe e viciosas guitarras.
En 2009 tiveron un gran debut con Radio Days. Foi votado como un dos mellores discos de 2009 por diversas publicacións, programas radiofónicos e ganar o Festival Rock Villa de Madrid. 
En 2010 sacan o seu segundo largo chamado Sins & Songs (astromúsica), cunha posterior xira en 2011.





VARRY BRAVA

Banda formada en Murcia a mediados do 2009. Cunha descarada posta en escena e o seu sonido inconfundible conseguiron facerse un oco no panorama musical. O seu estilo vai dende o pop dos 80s ata a música disco, pero sin deixar de lado o indie. 
Unha cousa moi importante para os próximos asistentes ao FIV 2013 é o  divertido , enérxico e demoledor  directo que mostra Varry Brava. 
A finais de 2009 presentan a súa primeira maqueta, "Idolo", autoproducida integramente pola banda. Con esta demo ofreceron máis de 80 concertos en grandes salas e nos festivais máis importantes do país. Dende o seu inicio comensaron a recoller premios e recoñecementos, recibindo o respaldo de entes como Radio 3, Sol Música, Fnac, Myspace, Mondosonoro, CPS... 
O 12 de febreiro de 2012 saliu o seu primeiro traballo discográfico chamado Demasié, que foi producido por Raúl Lara (produtor habitual de Second).




CYAN

Grupo formado e residente en Barcelona. A principio de 2011 sacaron un novo disco Historias para no romperse e poucos meses despois o seu mini Ep Que viva ese ruído. 
Teñen pensado sacar un novo disco en xaneiro de 2013.



POSTERGEL

É o grupo que representa a Vilalba no seu propio festival. Formado no verán de 2003 o grupo de estilo pop/rock graba a súa primeira maqueta en febreiro de 2005. En xaneiro de 2009 sae á luz un disco de curta duración con 6 novas cancións. 
Os membros de postergel levan anos no mundo da música con outros grupos que xa desapareceron como Ed Geins Pills (que conseguiron que a súa maqueta fora seleccionada por Tipo), Carlito's way ( co que chegaron ás finais do certame Pop-Rock en Villa de San Adrián en Navarra), sendo teloneiros de grandes grupos como Los enemigos, Aerolíneas Federais, Los contentos, A Palo Seko ou o gran Rosendo !




DJ AMABLE:

Amable comeza a súa carreira profesional en Depósito Legal (L'Hospitalet del Ll.), en 1985 e despois de pinchar en salas e discotecas de Barcelona como Compliche, Bikini, Final... funda a sala A Saco en L`Hospitalet de Llobregat en 1991. En 3 anos translada o seu club á macrosala Zeleste de Barcelona. 
Editou as súas sesións en varios cd`s recopliatorios onde selecciona e mezcla moitos dos grandes temas da escena alternativa de cada ano. 
Tamén colaborou en remixes para Mendetz, Love of Lesvians, Catpeople, Sidonie (estos tres últimos casualmente participaron nas anteriores edicións do FIV de Vilalba.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Mago de Oz presenta o novo single

A formación acaba de presentar o novo sencillo chamado Xanandra, pertencente ao disco Hechizos, pócimas y brujería que está por saír.
Zeta toma o relevo de José Andrea como vocalista de Mago de Oz. O profesor de música ten un rexistro de voz moi similar ao de José.
"No pretendo sustituir en vuestros corazones a José Andrea, pues es uno de los mejores cantantes del mundo. Simplemente quiero, poco a poco, ganarme vuestro respeto y cariño" dicía Zeta nunha mensaxe trasladade dende Warner o pasado mes de agosto.




ESTE É O NOVO SENCILLO:


Haberá FIB 2013, malia os problemas económicos

O máximo promotor do FIB, Vince Power, insistiu en que a celebración do FIB 2013 está garantizada.
Segundo a BBC o promotor está encantado co acordo que chegou co Concello de Benicàssim, localidade onde ano tras anos se celebra o festival.
Os rumores da suspensión dos festivales máis importantes e veteranos da península débese aos problemas financieros de Music Festival PLC. , firma mariz do FIB. Pero a incertidumbre acabou cando Power desvinculou Music Festival PLC. de Maraworld, a empresa ca que traballa en España para organizar o festival castellonense.

Está previsto que a edición de 2013 se leve a cabo sobre os días 18 e 21 de xullo dese mesmo ano. Xa comezou a venta anticiapada de entradas. O precio do abono que che permite acceder a todos os concertos e a acampar durante 8 días no camping fiber, custa 125 euros. Aínda que as persoas que se encontren desempleadas no momento poderán acceder a un desconto polo que poden ter a entrada por 99 euros.

domingo, 28 de octubre de 2012

Impresionante concerto de Extremoduro en A Coruña

Histórico concerto que logrou abarrotar o Coliseum de A Coruña con máis de 10.500 persoas, cousa que non se facía dende Fito y Fitipaldis en 2006. 
Ás sete da tarde (unha hora antes de abrir as portas) xa estaban os arredores do Coliseum ateigados de xente que en grupos de amigos, ou xa coñecendo xente, repasaban a capela os grandes éxitos da mítica banda. Ás oito abríronse as portas e unha marea de xente comezou a entrar para coller os mellores sitios para disfrutar do que iba ser un dos millores días das súas vidas. Unha seguridade estricta non permitía pasar a xente que tivera entrada de grada para a pista, aínda que ao final ocorreu o que eu entendo que foi un erro de cálculo no aforo xa que estando a pista tan chea que non podía baixar máis xente, moitas persoas con entrada de pista tiveron que salta hacia a grada para poder escapar do mogollón.
Imaxe do público durante o primeiro descanso
Extremoduro tivo o detalle de esperar uns minutos para que a xente puidera acabar de ver ou escoitar o derbi galego que acabou en empate. Unha vez acabado comenzou o concerto.
Empezou a soar Pájaro Azul, e escoitábase a inconfundible voz de Robe Iniesta cantando, pero ninguén aparecía no escenario. Non foi ata ben entrada a canción cando apareceron Iñaki e Robe e o público estalou en alegría. A continuación de Pajaro Azul chegou Ama, ama, ama y ensancha el alma. 
Pouco despois chegou un dos momentos da noite cando Robe berrou NUNCA MÁIS e cantou No me calientes que me hundo, canción na que fala do afundimento dun petroleiro. Seguiron cancións de Material Defectuoso mezclando con outros míticos temas como La verede de la puerta de atrás. Chegamos así ata o primeiro descanso no que moita xente aproveita para ir ao baño ou repoññer forzas.
Nos seguintes pases cortados pola metade por outro descanso se cadra máis curto que o primeiro escoitáronse os temas de La Ley Innata acompañados con máis cancións das máis coñecidas e acabando con Stand By, Puta, e para rematar de todo Salir coa que temblou o Coliseum.





 Foi un dos millores concertos de rock dos últimos anos, mezclando o inesperado co organizado.  Espero non tardar moito en volver a ver a Extremoduro enriba dun escenario en A Coruña.

jueves, 25 de octubre de 2012

Rock contra os recortes

Diferentes plataformas da Comunidade de Madrid organizan este sábado 27 de outubro un xigantesco concerto totalmente gratuito en Rivas Vaciamadrid  no que actuarán grupos tan importantes como Def Con Dos, Rubén Pozo La Excepción, Sober, Salida Nula, San blass Posse, etc.
Artistas unidos pola defensa do público. Superskunk e The Sweet Vandals son as dúas últimas incorporacións ao xa nutrido cartel no que destaca, ademais das bandas anteriores, o histórico punkarra Manolo Uvi, Che Sudaka, El hombre linterna ou Garaje Jack. Casi unha vintena de grupos que subirán ao escenario de Espacio-R presentados por Manolo Calderón e acompañados entre outros por Leo Bassi.
Os menores poderán asistir pero acompañados por un maior de idade. 

"Creemos que puede ser una oportunidad para demostrar el gran descontento social de la sociedad madrileña y un importante altavoz en defensa de los servicios públicos que nos están arrebatando", explica un dos organizadores do evento que di que están desvinculados calquera partido político ou sindicato. O concerto, gratuito, será emitido por livestream.

lunes, 22 de octubre de 2012

Novo disco de Mago de Oz

"Hechizos, pócimas y brujería" é o título do primeiro álbum con Zeta como cantante principal.
 Para o 27 de novembro está programado o lanzamento do novo disco de estudio de Mago de Oz.
Cando poida ampliarei a información sobre o novo álbum.
A continuación o tráiler chamado "Resurrección" :

sábado, 20 de octubre de 2012

OS MÍTICOS ROLLING STONES VOLVEN AO ESCENARIO 5 ANOS DESPOIS

Moitos apuntaban que a última xira sería a última, que non aguantarían máis. Pois as "satánicas majestades" non se rinden e volven de novo ao escenario celebrando o seu 50 aniversario.
Serán catro concertos. Dous os días 25 e 29 de novembro en London, e en New York os días 13 e 15 de decembro.
Coincide estes días co anuncio dun tema inédito chamado "Doom and Gloom" que non vos podo mostrar debido a algunhas dificultades co video. Pero si vos vou poñer algúns temas míticos dos grandes Rolling:




Cancións sobre o Prestige

Estos días entanse a celebrar as primeiras xornadas do longo xuízo contra os causantes do Prestige. Todos sabemos que os que están sentados non banquillo non todos os responsables pero vamos a deixar ese tema para falar de música.
Teño aquí unhas cancións sobre a catástrofe, duns grandísimos artistas:
 A primeira é do grupo galego Luar na Lubre que fan unha fermosa cancíon sobre o tema:

As seguintes canción son interpretadas polo grupo de rock español Mago de Oz. A primeira que vos poño é dun disco máis antigo no que se refiren ao Prestige:

Esta segunda canción é a versión que fixo Mago de Oz da anterior canción de Luar na Lubre engandindo o seu estilo celta:


Extremoduro - Discografía completa

Extremoduro é dos grupos de rock españois máis importantes e recoñecidos. Cunha gran traxectoria en solitario e facendo colaboracións como o coñecido traballo Extrechinato y Tú (grupo formado por Robe, Uoho e Fito que musicou poemas de Manolo Chinato) entre outras, ten un gran exército de seguidores. Sorprendentemente Extremoduro abarca unha gran cantidade de xeracións: dende o rock duro e informal dos seus comenzos, pasando polo rock máis profesional e poético ata o novo estilo dos seus últimos discos (Ley Innata e Material Defectuoso).
Aquí vos deixo un enlace ca súa discografía completa: